en Actualidade

Miguel Ángel Vázquez TVG

O pasado 13 de maio os informativos da Televisión Galega falaron con Miguel Ángel Vázquez, Presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, sobre os retos que afronta a nosa sociedade, cada vez máis lonxeva. En Galicia, onde unha de cada catro persoas ten máis de 65 anos, é importante reflexionar sobre o rol dos maiores na sociedade e reivindicar un papel máis prominente para un grupo de idade que hoxe constitúe o 25% da poboación.

As persoas que teñen unha actitude positiva ante o envellecemento viven 7,5 anos máis de promedio

Entre diversos temas, Miguel Ángel reivindicou a necesidade dun servicio de xeriatría específico, falou dos cambios que deben darse na imaxe social das persoas maiores, do concepto de envellecemento activo, e reflexionou sobre as consecuencias que o aumento da esperanza de vida terá en cuestións como a idade de xubilación, a soidade ou o estilo de vida dos maiores.

Podes ver o vídeo completo en: http://www.crtvg.es/informativos/entrev-bd-4110919

Artigos recentes