en Actualidade

A entidade celebrou onte as eleccións en Santiago de Compostela, nas que houbo un alto nivel de participación

(Vigo, 1 de Xullo de 2022)  José María Failde Garrido, profesor da Universidade de Vigo e xerontólogo, é o novo presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que sucede no cargo a Miguel Ángel Vázquez, tras dous mandatos seguidos á fronte da entidade. Cargo que non podía renovar, posto que os estatutos non permiten máis de dúas lexislaturas seguidas.

Tras as eleccións para elixir os membros que representarán á SGXX os próximos tres anos, celebradas onte en Santiago de Compostela, e nas que gañou a candidatura encabezada por Jose Maria Failde, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría inicia unha nova etapa, con destacados profesionais do ámbito da xeriatría e xerontoloxía.

Entre os obxectivos principais da nova xunta destacan revitalizar e dinamizar a participación dos seus asociados e asociadas e implicalos na construción de novos coñecementos; incrementar a investigación, a formación e a xeración de novas propostas científicas e terapias en materia de xeriatría e xerontoloxía; aproveitar a experiencia e saber facer dos/as profesionais e socias/os de a SGXX ao servizo da sociedade, para promover a mellora de calidade de vida das persoas maiores e, o máis urxente, demandar a creación de servizos de Xeriatría nas sete grandes cidades de Galicia.

José María Failde Garrido é Doutor en Psicoloxía e especialista en Psicoloxía Clínica, profesor titular da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, e director do Programa Internacional de Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento, no que participan a Uvigo, la USC, UDC, la Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e a Universidade de Porto.

Ademais de Failde, a nova xunta Directiva está formada por: José Ramón Martínez, xeriatra do Hospital Lucus Augusti; Raimundo Mateos, doutor en Medicina, profesor da USC y psicoxerontólogo; María Dapia, doutora en Psicopedagoxía e profesora da UVigo; José Manuel Pazos; licenciado en Medicina e presidente de AGARTE; Gloria Rodríguez, licenciada en Medicina e xerontóloga; Rosa Mínguez; educadora social; César Bugallo, psicólogo e profesor da USC; Eva Carro; enfermeira y xerontóloga; Natalia Verez, doutora en Farmacia e profesora; Rafael Vázquez; farmacéutico; e Elena Mosquera, enfermeira e profesora da UVigo.

 

Artigos recentes