In Actualidade

As persoas coa Síndrome de Down reclaman que se respecte a súa capacidade para decidir sobre a súa vida.

Non son moitas as oportunidades nas que persoas coa Síndrome de Down poder facer oír a súa voz en público. Por este motivo, o Día Mundial da Síndrome de Down (21/03) é un día de especial importancia para que poidan erixirse en protagonistas e acadar certa repercusión mediática e social.

Con ocasión do público celebrado por Down Galicia, as persoas coa Síndrome de Down reclamaron o seu dereito á AUTONOMÍA PERSOAL, nos seguintes termos:

TEMOS DEREITO A:

  • Elixir libremente e a asumir responsabilidades.
  • Estudar, traballar, querer e relacionarnos.
  • Levar una vida normalizada en todos os ámbitos das nosas vidas diarias.
  • Explorar, experimentar e equivocarnos para desenvolvernos como persoas.

RECLAMAMOS:

  • Colaboración de toda a sociedade para responder ás nosas necesidades.
  • Implicación dos poderes públicos para conseguir unha sociedade igual en oportunidades.
  • Que se entendan e recoñezan as diferenzas de todos e todas.

Desde Down Galicia, parécenos importante que se coñezan as súas reivindicacións e que se teñan en conta desde todos os ámbitos. Por esta razón, quixemos centrar esta comunicación nas súas aspiracións como persoas, por entender que é preciso prestar atención ás súas propias palabras para poder abordar outras facetas que lles afectan.

SGXX e DOWN GALICIA 2º Comunicado Conxunto

Foto de familia do acto institucional celebrado por Down Galicia o Día Mundial da Síndrome de Down.

Recent Posts